Premer na imaxe para acceder ao vídeo 

 

O IES Pedregal de Irimia de Meira acolleu dende o domingo 17 ata o xoves 21 de marzo a once alumnos e dous profesores do Lycée Militaire d'Autun, Francia, nunha mobilidade do programa Erasmus+. O título do proxecto é: “Traballando as diferenzas culturais e os estereotipos. Unha forma de construir cidadanía europea”. Durante estes días expuxéronse e analizáronse os resultados dunhas enquisas sobre os estereotipos franceses en España e os estereotipos españoles en Francia. Fixéronse actividades para concienciar ós alumnos da importancia de non xulgar a alguén polos estereotipos que teñamos do seu país. Visitamos Santiago de Compostela, o castro de Viladonga, Lugo cidade e algo da súa costa. Así mesmo, aproveitamos para amosar as costumes e tradicións galegas, que pouco encaixan coas ideas preconcebidas que teñen no estranxeiro dunha España hipoteticamente homoxenia. Resultou sumamente interesante descubrir que Autun, situado na Borgoña francesa, ten restos dunha muralla romana similar á de Lugo, que na zona hay restos de poboados prerromanos parecidos ós nosos castros, que por Autun pasa unha das diferentes rutas do Camiño de Santiago e que os monxes que fundaron o mosteiro de Meira tiñan a súa orixe en Dijon, capital da Borgoña. Ao fin somos moito máis similares do que pensábamos nun principio!

O IES Pedregal de Irimia de Meira acolleu dende o domingo 17 ata o xoves 21 de marzo a once alumnos e dous profesores do Lycée Militaire d'Autun, Francia, nunha mobilidade do programa Erasmus+. O título do proxecto é: “Traballando as diferenzas culturais e os estereotipos. Unha forma de construír cidadanía europea”. Durante estes días expuxéronse e analizáronse os resultados dunhas enquisas sobre os estereotipos franceses en España e os estereotipos españoles en Francia. Visitamos Santiago de Compostela, o castro de Viladonga, Lugo cidade e parte da Mariña Lucense. Así mesmo, aproveitamos para amosar as costumes e tradicións galegas, que pouco encaixan coas ideas preconcibidas que teñen no estranxeiro dunha España hipoteticamente homoxénea.

 

Resultou sumamente interesante descubrir que Autun, situado na Borgoña francesa, ten partes dunha muralla romana similar a de Lugo, que na zona hay restos de poboados prerromanos parecidos ós nosos castros, que por Autun pasa unha das diferentes rutas do Camiño de Santiago e que os monxes que fundaron o mosteiro de Meira tiñan a súa orixe en Dijon, capital da Borgoña. Ao fin somos moito máis similares do que pensábamos nun principio!

 

Outro ano máis estamos a organizar a nosa carreira de atletismo (neste caso, adiantada ao venres, 22 de marzo). Como xa sabedes, trátase dunha carreira:

- Solidaria: coa ficha de inscrición hai que achegar un kg de comida non perecedeira que se entregará a Cáritas de Meira.

- Reivindicativa: xa que pedimos un día das letras galegas para Avelino Díaz.

- Festiva: pódese correr/andar disfrazado/a.

- Unha carreira para socializar: xa que participará a comunidade educativa do IES Fonmiñá da Pastoriza (alumnado e profesorado) e as familias que queiran do noso alumnado.

Para participar só tes que cubrir o formulario que podes descargar AQUÍ ou na imaxe (ou solicitalo en secretaría), cubrilo e levalo á secretaría do IES Pedregal de Irimia cun quilogramo de comida non perecedoira antes do día 18 de marzo. A primeira das carreiras comezará a partires das 11:30 h na Campa do Plantío.

Tags:
23/02/2024 00:01

Distribuir contido