portada por Ángela Fernández
*……………………………*
DE AUSENCIAS (a mi abuelo: Manuel Álvarez)
Recuerdo que vestías corbata;
más que una imagen en mi mirada
es un eco del que me he apropiado,
uniendo familiares palabras.
En mañanas como la de hoy
salías a la calle, no sin antes
observarte en el único espejo de la casa,
de aquel segundo puerta dos.
Eras increíblemente atractivo;
apuesto a que ella tenía que estar muy celosa
y a ti eso te gustaba,
aunque todos sabían que la amabas más que a nada.
De ti dicen que heredé la elegancia
pero yo creo que todavía lejos de consumar.
De ella quizá el saborear las pequeñas cosas,
la pasión por la vida, el ser igual y a la vez distinta.
Recuerdo que vestías corbata,
siempre tan bien combinada.
Recuerdo que tan sólo tenías dos
y que a mi,
me hubiese gustado regalarte en días como hoy,
muchas otras,
hasta hacer nuestra propia colección.
*……………………………*
SE LLAMARÁ… ELLA
Para cuando tú seas parte de mí
y no se sea capaz de soltarte la mano
al pasar cerca de un carril bici,
incluso de un monopatín,
quizá deberías saber:
que bailo desnuda frente al espejo
y que el pollo sabe mejor si no usas tenedor.
Hago planes de estudio que no cumplo,
ya se que no está bien así que esto, entre las dos.
Me lavo las manos después de ir al baño, no por higiene,
sino simplemente por costumbre.
Soy impulsiva, pasional y testaruda;
ahora que hago radio veo que me repito,
pero nos reímos y seguimos;
¿que pasó? (a lo gallego).
El lunes defiendo mi primer caso:
¿culpa, dolo o trastorno transitorio?.
No tengo toga a medida pero con alfileres,
me plantaré en la foto diciendo:
seré “mileurista” pero, ¿acaso no molo?.
Me estoy preguntando qué es la poesía:
¿ritmo, métrica u ortografía?.
No tengo ni idea;
hago lo que me gusta sin más razón,
que la de ser siempre yo misma.
Ahora estoy imaginándome cómo serás
cuando tú seas parte de mi;
¿y yo? (…)
Por lo de ahora me despido mi vida…
Sueño… esta soy yo.
*……………………………*
ESTAMOS SOIOS!
Doille a alma,
a Galiza o corpo doille.
O ¿por que? percura ela.
o ¿por que? a el integra.
Moi coitaditos os dous
mais, aínda, que namorados,
a resposta urxentan,
dos sofrementos, apretados.
Na intriga a alma pregaba:
“Certo que aquela minha parte,
sin irse, íbase, íbase indo”.
A isto, aquel, repricaba:
“Será que moitos irmáns íbanse,
e, índose,
iban deixándome”.
Poida queste mal que aqueixame,
aínda agrandando, víase, pois, ¡dixéronme!:
“Chegar, ¡sin chegar! iban chegando”.
E, fundindo en door, o corpo
falaba: “Será que sin voltar, ¡aínda chegando!
¡moitos voltaron!, e non chegaron.
Credos nas expricacios,
ofreceron olvidalas,
pois, mais a alma sofría,
o corpo xa no sentía.
*……………………………*
LUME EN GALLIZA!
Has de chorar GALLIZA
un novo aflixemento,
que sendo fillos teus ¡lembran!
e ¡os bos natos! MALEDICEN
Sin deixar galegos chorar hemos,
dentro do noso fogar
que ¡tódolos impar verdescente que vemos!
Algúns loiten por QUEIMAR.
Núbrase ¡O Ceo Galegos ¡Outra vez?!
¿Outra vez! ¡Craro!
Xa o lume chegando está.
Deixa de chora GALLIZA
¡XA OS FILLOS CHORARÁN!
*……………………………*
Autora: Mayka Rivas
Somos,
dous corpos orfos sobre as sabanas
e no balcón, unha lúa rota.
Eso é todo.
Buscamos ansiosos a continuidade en un abrazo circular que non acaba.
Poñemos música. Bicámonos.
Eso é todo.
E sabemos que todo é pasaxeiro,
deixamos que os paxaros voen en esta noite de pel libre e de estraperlo.
Apostamos, por este sentimento intenso
que transita límites descoñecidos,
por estes corazóns desesperados que latexan só se interseccionan
Eso é todo.
E se ata nós se achega a madrugada á procura de distancias imposíbeis.
Morreremos
Eso é todo.
*……………………………*
Autora: Mayka Rivas
Hoxe vou facer da soidade unha alegría,
dos días cheos de horas para min un agasallo que me fago.
Adoptarei unha postura positiva,
simularei ante os meus ollos se fai falla,
que chegou o momento desexado
e sairei á rúa disfrazada de esperanza
con pantalón de coiro, tacóns e labios roxos.
Saudarei a quen coñezo dun só día,
como a amigos da alma con bicos efusivos.
Borrarei as lembranzas que me fagan susceptible de sufrir.
Aprenderei a rir,
como se o mundo enteiro fose un chiste que me contan.
E invitarei a copas que hoxe pago,
con sorrisos e miradas insinuantes.
*……………………………*
FINOU O POETA
Finou o poeta
E o Arco da Vella
Cimbrou no ceo con todas as cores
Con mais brelo ca nunca, no seu honor
Morreu o poeta
E os paxaros trinaron
Mais forte ca nunca, como el llo pedira
Faleceu o poeta
E as arbores enchéronse de súpeto
De follas e froitas, coma el lles cantou
As xentes saíron as rúas
Cantando e lendo os poemas que el creou
E todos estaban enchidos de ledicia
Porque un poeta nunca morre
Segue vivo mentres se recorden os seus escritos.
*……………………………*
OUTONO NO VAL
Hoxe ai néboa no Xalo,
Sempre verde derredor,
Non se ve, so se intúe ao longo pola súa forma,
A tardiña está morna e non se moven as follas,
Non ai ar nin chove forte,
So a néboa que vai e ven parece xogar as agachadas.
As nogueiras deixan caer as últimas noces
E os castaños tiran orizos
Coma se fora o golpear dun bombo
Pon…, pon…, pon…
*……………………………*
Eu son a damnificada
da daga da sociedade.
Engrénome con toda a “chusma”
que me empurra cara un mesmo horizonte.
Un “energúmeno” berra verdades
que ninguén diviniza.
Xentes enfeitizadas por verbas
que únicamente as escravizan
E eu escribo imaxes oníricas, palabras,.;,….
non podo empaparme da súa néboa.
Murchan os meus murmurios
que perturban as miñas bágoas.
Pesa sobre min, persiste,
o pesimismo dunha soa mirada.
Quero abandonar a peste
dunha sociedades en piedade.
Xa basta de estar afónica
*……………………………*
Mutismo.
Transcorren sixilosamente as horas.
Mutismo.
Pensamentos caóticos
removen as túas verdades.
Mutismo.
Recolectando sensacións, difuminado ideales.
Os soños sen respsta,
a búsqueda da identidade.
Mutismo.
A fala valeira.
O subconsciente a rebosar.
Herméticamente facturas os teus sentimentos
cara a viaxe cuxo destino anhelas: olvido
*……………………………*
NÉBOA
O tendal branco da néboa
cae sobre o mar
esvaece o sol
e as gaivotas cegas
caen nunha praia de margaridas
O xordo canto do faro
xorde confuso
do vértice do ceo que pesa
coma a lousa dun sartego
hoxe a néboa mesta
pésame na alma
*……………………………*
O AMOR TEN NOME DE HOME
Déchesme máis do que na vida imaxinaches
entregarlle nunca a ninguén.
Toquei cos meus dedos
a música dos pétalos da túa
flor,
para permanecer agochado
momento,
na alfombra vermella do teu pensamento.
Rebordantes de soños.
Onde queres chegar?
Na obsesión pola conquista brotan
emocións desmedidas.
E eu escoitarei os ventos,
os pasos,
E se no camiño non albisco
estas terras,
sei que entre os meus pulmóns e os teus,
soando viscerais,
latexan corazóns,
brillan estrelas sen razóns.
E nos meus beizos con fame negra perderánse os bicos
entre o ar e o chan,
entre días e noites,
sentirán o frío suando calor.
Nós,
sempre nós,
trapecistas baixo a carpa
do circo
da vida.
*……………………………*
CREACIÓN
Polo desexo incontrolable dos vosos corpos,
naquela noite fría, xa pasara o Nadal…
Quixestes abrigar a vosa pel nun leito
de humildade e desexo
entre sabas de seda
desexastes
crear,
cosendo coas vosas carnes
o meu traxe
déstesme camiño para camiñar,
Grazas a vós ,
polo pecado ben visto…
pola aperta da vida,
polo bo,
polo malo,
polas carencias que me fixeron camiñar.
Grazas por recibir.
Grazas por dar.
Grazas, mil grazas, por seres vos
aínda cando a nosa voz enmudeza e sen falar
escoitarei o son do mar e…
sempre, saberei sempre
quenes forman con sangue as olas que baten no meu
mar.
*……………………………*
A poesía é…
Fío cortante de navallas,
arames fulgurantes
de cor cárdena que morden
a rentes da madrugada.
Silencios que sangran
feridos por coitelos
no gume das palabras.
Unha baralla
que non ten ases,
cortada polo alento
que se acugula entre os dentes
e desemboca en labirintos
de sonoridades áureas.
Ríos insubmisos de lava
que asolagan os sentidos
e debuxan no bordel
hermético da conciencia
arestas de gasa…
*……………………………*
Polos vieiros do teu corpo
Camiñarei pola túa cama
cos labios descalzos.
Escribirei sobre a túa pel
mil poemas sen versos.
Chucharei regueiros de mel
en ánforas sen fondo,
mentres o cristal das horas
ara sucos de papel
que podrecerán no tempo.
Baleirarei o meu cabás de soños
no mapa do teu corpo
e debuxarei cos meus dedos
estradas sen fronteiras.
Viaxarei polas areas
das túas cidades secretas
e descubrirei camiños novos
que preservarán o noso amor
das neves do inverno.
*……………………………*
Mujeres I
Ella abrió sus carnes y habitó el mundo.
Mujer eterna y abierta hasta el final,
como la herida abierta de los pobres transparentes.
Ella, sin palabras,
a veces vidrio, a veces espejo.
superviviente camaleón de circo
pasa por el aro sin voz.
Ella, de vista a tierra.
siempre presente entre los ausentes.
objeto de un día de primavera,
al viento del norte tiende
sus anónimas heridas de segunda fila.
Se apaga en la última noche
cansada de vomitar cera,
hundida por el plomo del anzuelo
en el barro de los santos olvidos,
sin un nombre propio.
En el océano final.
Y la mujer derrotada, que habitó el mundo
abre sus carnes a la acogedora tierra.
*……………………………*
Mujeres II
Con las últimas campanadas
se cierra el recuento
y se abre la rabia.
La impotencia se ceba con los titulares
de tinta de luto
de un día cualquiera de prensa.
Y la amortajada venganza de las víctimas,
sin vocación,
en sus tumbas se abre tardía.
Y revuelve sus amoratados silencios,
acuchillados y violados,
en la selva gris,
que vació ojos o los espantó para siempre.
Con las últimas campanadas
el recuento va al alza
en la Bolsa del abuso.
Hasta cuando, cuanto más, hasta donde y por qué.
Rotos de miedo esos ojos de agua
cierran sus conchas para siempre.
O no se atreven a mirar,
culpables de otras culpas,
culpables por decreto.
que se creen culpables y víctimas
Ojos lapidados…
De mujer.
Pétalos caídos
Murcha rosa
de pétalos caídos,
triste talo
espido de follas.
Beldade.
Fragancia.
Onde a vosa fermosura?
Onde o voso perfume?
Preguntas sen resposta.
Cuestións…
Debilitada rosa.
Agostada subsistencia.
Coitado talo.
Escuro destino,
apesarado e
desprotexido.
AMOR
Amor,
nos meus ollos luminosos,
na miña mirada.
Amor puro.
Amor,
nos meus beizos carnosos,
nas miñas verbas.
Amor puro.
Amor,
no meu pensamento armonioso,
na miña mente ditosa.
Amor verdadeiro.
Amor no meu entendemento.
Amor puro e verdadeiro.
Dedico este poema a unha compañeira e amiga,gran mestra.Finou o 16 de Abril do 2008.
LOLITA
Longa viaxe.
Preto das das árbores.
Sombras
das follas.
Sombras
das pólas.
Longa viaxe.
Polos camiños veciños,
polos camiños afastados.
Amiga.
Longa viaxe.
Autora:Tere González Blanco-
Como epitafio podería pasar , como poema, con todos os meus respectos á súa dor, coa que me solidarizo porque é moi duro perder a un ser querido, creo que non ten a mínima calidade. Páreceme penoso, é non polo seu contido que debería transmitir emocións e nin iso consigue, senón polo xeito de estar escrito.
Yo pienso que cada uno vive el luto a su manera. Y ésta es una forma.
Cada vez que a morte se achega a un coñecido ou familiar meu recito a elexía de Miguel Hernández. Nada me pode desafogar tanto nos momentos de dor vivo.
Ángel,pode que este poema escrito o día 16,non teña a mínima calidade poéticaQue non tansmitise o que desexeba:Dor ante a pérdida dunha compañeira….
Respeto a túa opinión.Simplemente decir…Que as 5 da madrugada,sentín a necesidade de levantarme e escribir o que me dictaba a miña interiodade.Era a miña Musa,está claro….Gracias a ela,podo transmitir cada palabra,cada combinación ritmica das verbas…
Pereyra.
Sentí mucho dolor ante la muerte de mi compañera y amiga.
Eso pretendí reflejar en mi poema.
Hormiga,eres un encanto!Simplemente por citar a uno de mis poetas favoritos,,,Miguel Hernández.Hoy en día…nadie o casi nadie desea escuchar la voz de la MUSA.Qué lástima…
Nuestra musa de la poesía,elige a su transmisor.Sus palabras,por muy ridículas que nos parezcan,combina terminaciones,pretende rimar…uf…Sí,Hormiga,fui influenciada al escribir este poema.