A Cámara da Coruña reunirá a empresas de diferentes sectores con procesos de selección abertos na décimo quinta edición da súa Feira de Emprego, que terá lugar o 30 de abril no Fórum Carballo. Empresas con procesos de selección abertos Participará, como nas anteriores edicións, unha boa representación de compañías de diferentes sectores con procesos de selección abertos como é o caso de Gefico Enterprise, Galopin Playgrounds, Genesal Energy, Iman Temporing ou Repsol, entre outras.