Logo de que se elevou a definitivo o acordo municipal do día 29 de decembro de 2011, aprobando a imposición da Ordenanza Fiscal número 14 reguladora da Tasa pola utilización das instalacións deportivas e culturais municipais neste concello de Aranga, por non presentarse reclamacións durante o período de información pública, publicase o texto íntegro da citada Ordenanza, de conformidade co establecido no artigo 17.4 da Lei 39/1988, reguladora das facendas locais:

 

"ORDENANZA FISCAL Nº 14

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS.

ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E RÉXIME XURÍDICO.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, este concello establece a taxa pola utilización das instalacións deportivas e culturais municipais, de conformidade co establecido nos artigos 57 e 20 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

ARTIGO 2.- FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización das seguintes instalacións municipais: pavillón polideportivo municipal, campo de fútbol da Posta, locais sociais de Santiso, O Carballal, Orosa e Muniferral, local anexo ao CEIP A Castellana, axencias de lectura de Aranga e do Toxiño e a aula municipal de informática, con motivo de adestramentos, partidos, espectáculos, actos culturais, deportivos e sociais.

ARTIGO 3.- SUXEITOS PASIVOS.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei xeral tributaria (LXT), que soliciten a utilización ou utilicen as instalacións ás que se refire o artigo 2 da presente ordenanza.

ARTIGO 4.- RESPONSABLES.

Responden solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire o artigo 42 da LXT.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da LXT.

ARTIGO 5.- COTA TRIBUTARIA.

A cota tributaria ou taxa pola utilización das instalacións municipais deportivas e culturais será a resultante de aplicar as seguintes tarifas:

 

Locais

 

Tarifa por hora ou fracción ( en €)

Tarifa por encontro

( en €)

Locais sociais, axencias de lectura, aula de informática e local anexo ao CEIP

 

 

5,00

 

Pavillón polideportivo da Castellana

 

 

13,5 € (*)

 

 

Campo de fútbol da Posta

 

 

40,00 (*)

 

 

90,00 (**)

(*)Inclúe o dereito de emprego dos vestiarios e duchas (incluíndo o tempo de uso das mesmas no tempo total de emprego das instalacións).

(**)Supón o emprego das instalacións durante dúas horas, incluído o dereito de uso de vestiarios, duchas, banderíns de corner e pintado da liñas de xogo.

ARTIGO 6.- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.

Está exento do pagamento da taxa o concello de Aranga, nas actividades organizadas por este.

Estan exentas as asociacións sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do concello de Aranga .

Poderán solicitar exencións as ONG'S ou entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades de recoñecida importancia social, solicitude que será resolta expresamente pola Alcaldía.

ARTIGO 7.- NORMAS DE XESTIÓN.

1. As solicitudes para a utilización das instalacións deportivas e culturais propiedade municipal realizaranse por escrito, o cal irá dirixido ao Sr. alcalde de Aranga polos interesados, concretando a data, a hora, a actividade que se desenvolverá e demais circunstancias de interese. A autorización correspóndelle ao alcalde e o encargado das instalacións non permitirá a súa utilización sen a presentación da autorización municipal e o xustificante de ter ingresada a correspondente taxa.

2. A obriga de pagamento da taxa orixínase no momento no que se autorice a utilización da instalación. O ingreso farase mediante transferencia a calquera das entidades bancarias nas que o concello ten conta aberta.

3. Cando, por causas non imputables ao obrigado ao pago, non se preste o servizo procederá a devolución do importe correspondente.

4.No caso de coincidir varias solicitudes darase preferencia ás actividades organizadas polo concello, e entre solicitudes particulares terán preferencia as asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Aranga e os empadroados en Aranga.

5. As débedas pola presente taxa poderán esixirse pola vía de prema.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor unha vez se publique no Boletín Oficial da Provincia e manterá a súa vixencia indefinidamente en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente."

Aranga, 10 de febreiro de 2012

O alcalde :

Asdo:Alberto Platas Álvarez