Este é o tio Joe, é a "sábana negra" da familia.
30/10/08
AI, MAMAÍÑA, QUE MEDO!!
Se es un covarde non pases pola biblioteca!!
29/10/08
"Un grito de amor desde el centro del mundo", Kyoichi Katayama
O relato é sinxelo, podemos incluso pensar que cursi ou manido, pero resulta fermoso ler como Sakutarô nos describe cada unha desas sensacións inesquecibles: pensar no outro a cada momento, querer pasar cada instante ao seu lado, pensar que leva contigo toda a vida (con 17 aniños), que non ten sentido vivir sen Aki, que ninguén pode chegar a coñecelo coma ela.
Os lazos que semellaban firmemente unidos acaban desfacéndose por causa dunha grave enfermidade. Sakutarô queda só. Pero ao longo do relato nos leva consigo a coñecer a vida cotiá dos adolescentes xaponeses, as súas normas e costumes, as tradicións e o seu curioso modo de relacionarse coa morte cara a cara.
Tamén nos presentará ao seu avó con quen terá longas e fermosas conversas coma esta:
"En la vida, hay cosas que pueden realizarse y otras que no. Las que se materializan, las olvidamos enseguida. Sin embargo, las que no podemos realizar, las guardamos eternamente dentro de nuestro corazón como algo muy preciado. (...) Me pregunto si la belleza de la vida no residirá en nuestros sentimientos respecto a lo que no se ha cumplido. Por que lo cierto es que ya se ha materializado como belleza."
É vulgar contar a sinxela historia de amor de dous adolescentes calquera? Lede a novela, despois a acertada reseña sobre a mesma de Papel en Blanco. Logo contádeme.
Lectura moi recomendable para adolescentes e tamén para todos aos que non nos aburrirán nunca o AMOR nin a BELEZA.
27/10/08
LA CLAVE SECRETA DEL UNIVERSO
Conta a historia dun neno, George, que vive en Cambridge cos seus pais, uns ecoloxistas bastante radicais que rexeitan as novas tecnoloxías, non lle deixan ter ordenador e obrígano a comer só alimentos "naturais".
Un día coñece a Annie, que vive na casa veciña; é filla dun científico que conta cun prodixioso ordenador. Os nenos comezarán a vivir unha serie de aventuras onde se mesturan os acontecementos da vida cotiá coa ciencia, pois ao mesmo tempo, é un espléndido libro con explicacións moi sinxelas sobre o Big Bang, sobre os buratos negros, sobre o universo, as partículas, os planetas, as estrelas…
Un libro apaixoante que combina ficción e coñecemento científico, e que nos envía unha mensaxe final: científicos e ecoloxistas teñen que traballar xuntos para salvar o planeta.
26/10/08
COLLEITA DE LIBROEIROS
O pequeno señor Paul creceu entre libroeiros: árbores cargadas de libros (mesmo coleccións completas, se a colleita é boa) ou follas soltas que aparecen escritas a medida que van madurando e que hai que ordenar para poder ler.
23/10/08
SOIDADES, Neus Moscada e Chiara Fatti
… porque só estando soa
noto o sol de agosto
… porque só estando soa
en palabras que podo tocar.
..porque só estando soa
elixo un soño para cada noite:
hoxe quéroo con sabor a mel.
E logo, cando estou con alguén,
podo compartir o que sentía ...
cando estaba soa."
Deliciosa lectura para todos os que saboreamos eses valiosísimos momentos de soidade (tan difíciles de acadar ás veces) para logo compartilos na compaña de aqueles a quen máis queremos.
De novo a editorial OQO fascina a grandes e pequenos cos seus coidados álbumes, con textos e ilustracións delicados e fermosos por igual.
NORABOA, AGUSTÍN!
22/10/08
UN ANO EN-REDADOS
20/10/08
O HOME E O MAR (Charles Baudelaire)
Desde este recuncho unha modesta homaxe aos homes e mulleres do mar, que de sempre viviron ao seu carón e mesmo se mergullaron nel á busca da súa imaxe, á busca do seu espíritu libre, indomable e saíron á superficie cun atisbo na mirada dos abismos intuídos e a fortaleza de quen se encara a eles día a día.
Home libre, ti sempre preferirás a mar!
É o teu espello o mar; e contemplas a túa alma
No vaivén sen fin da súa superficie inmensa,
E o teu espírito non é menos amargo abismo.
E gozas mergullándote ao fondo da túa imaxe;
Ambos sodes tenebrosos á vez que discretos:
E namentres pasaron innumerables séculos
Homme libre, toujours tu chériras la mer!
Tu te plais à plonger au sein de ton image;
Vous êtes tous les deux ténébreux et discrets:
Et cependant voilà des siècles innombrables
ÚNICO E EXCEPCIONAL MILLÁS
En decembro do ano 2000 recibiu o galardón da primeira edición do Premio Periodístico sobre Lectura, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez por un artigo titulado LEER. Non me resisto a reproducir un fragmento que demostra esa visión particular que Millás ten da lectura: "Estoy leyendo un libro mal encuadernado en el que las últimas palabras de cada línea se pierden en las profundidades del lomo, de manera que para acceder a ellas hay que desviscerar el volumen. Al principio, pensé en devolverlo, pero me he aficionado a hurgar en él como en las interioridades de un centollo. Las palabras rescatadas a los entresijos saben mejor que las que están a simple vista. Parece mentira que hayan inventado un libro electrónico, que por lo visto imita la textura del papel, y no hayan descubierto un libro que se pueda chupar, como la cabeza de una gamba, para extraerle la masa encefálica. De momento, si encuentra usted un volumen mal encuadernado, lléveselo a casa, arránquele los sesos sin escrúpulos y no dude en metérselos en la boca." Artigo publicado en El País o 15 de decembro de 2000 ©El País.
En LEER II afirma:
"No se escribe para ser escritor, ni se lee para ser lector. Se escribe y se lee para comprender el mundo. Nadie, pues, debería salir a la vida sin haber adquirido estas habilidades básicas. De otro modo se dependerá de quien las posea del mismo modo que aquél que no sabe hacer una tortilla depende de quien se la hace."
Imprescindible Millás. Busca as súas obras na biblioteca do cole.
13/10/08
RAMIRO FONTE NA NOSA MEMORIA
Necesitamos un anxo novo
11/10/08
ALFONSINA Y EL MAR
Por la blanda arena que lame el mar,
Sabe Dios qué angustia te acompañó,
Te vas Alfonsina con tu soledad
Cinco sirenitas te llevarán
Bájame la lámpara un poco más
Te vas Alfonsina con tu soledad
10/10/08
PUNTO DE INTERESE
9/10/08
“Autobiografía de un cobarde”, de Alfredo Gómez Cerdá
Esta novela vos fará reflexionar sobre o valor da amizade e sobre os límites da mesma, sobre o racismo e a xenofobia e, sobre todo, sobre a importancia de tomar as decisións por un mesmo.
Edu quere ser fiel aos seus amigos (“de toda a vida”), non quere decepcionar aos seus pais e non quere perder ao seu recén estreado amor. De feito, despois de coñecela, Edu cambia:
”Ahora sí que me gustaría ser escritor. Y de los buenos. (…) Pam no abandonará nunca mis pensamientos. Jamás. Soy capaz de afirmarlo con rotundidad.”
Semella unha novela máis de temática adolescente? Pois non o é.
Anímate, ven a por ela!UN ÁRBOL CRECE EN BROOKLYN, Betty Smith
4/10/08
"A LA PATA COJA", J.A. Goytisolo
Facede a proba e xa nos contaredes. A poesía nunca defrauda!
3/10/08
Mary Poppins está esgotada
Quen non soñou con ter unha atenta Mary Poppins para velar os seus soños, ordenar os seus xoguetes ou alegrar as súas tardes de soidade infantil?
Que non querería ter a maxia de Mary para facer de cada día algo inesquecible?
As familias do século XXI precisan de tantas Mary Poppins que as axencias non dan feito.
Total, que a pobre Mary anda pluriempleada e esgotada, de casa en casa, de vila en vila.
Cada vez que cambia o vento parte na procura doutra familia á que "espertar" da súa ridícula obsesión polo que NON É IMPORTANTE.
Pais e nais que traballan sen descanso, que chegan á casa á noitiña para bicar e despedir aos seus fillos xa camiño da cama e que envidian a deliciosa maxia de Mary.
Ademáis da fermosísima película de Disney,de 1964, podemos coñecer a Mary a través da novela de Pamela L. Travers que lle deu vida e que da pe a comentarios coma este:"poucos leron a historia de Pamela L. Travers, un relato cargado de ambigüidade, fantasía e un toque gótico absolutamente encantador"
A editorial Juventud e Alianza editorial nos ofrecen esa oportunidade.
Eu adoro a Mary Poppins,e vos?
1/10/08
Eu tamén son do Club!
UN REMANSO DE PAZ
Pero pasado este horrible chaparrón de burocracia buscamos un ratiño para desconectar, relaxarse, poñer os pes na mesa e viaxar soñando espertos da man dunha boa lectura.
Onte 30 de setembro foi o DÍA INTERNACIONAL DA TRADUCCIÓN e para conmemoralo vos recomendamos a lectura deliciosa dunha fantástica traducción:
Editada por Rinoceronte, unha editorial que está a facer da traducción unha arte e que non deixa de sorprendernos coa variedade e o bo gusto do seu catálogo.
George Edalji, un xoven e modesto avogado, fillo dun predicador de orixe hindú casado cunha escocesa, introvertido, reservado, confiado e absolutamente fiel á súa patria, Inglaterra, e ás súas leis.
Arthur Conan Doyle, home famoso e poderoso, amante da aventura e dos deportes e afamado escritor de novelas.
Dous mundos diferentes que acaban cruzándose. George vai á cadea inxustamente mentras Arthur vive unha intensa e difícil situación emocional e familiar. George escribe a Arthur e Arthur decide axudar a George.
Dous relatos independentes que acaban sendo un. Unha deliciosa novela para despois da chuvia, para esquecer agobios, estres, preocupacións e siglas…